Alma ten unha forma única de ver o mundo. Ás veces, as persoas da súa contorna non a comprenden, o que non saben é que, tras ese ollar, agóchase un gran superpoder. Acompañar a Alma nesta aventura permitirache afondar no universo dunha nena cunha dobre excepcionalidade: altas capacidades e trastorno do espectro autista. Canda ela, descubrirás a maxia que hai no seu día a día, comprendendo cales son as fortalezas que a fan tan especial.