Saltar al contenido principal

Maleta ''Do berce á lúa''

Mejor precio
45,12 €
Abacus
Abacus
En stock

Todas las ofertas en 1 tienda

Descripción

''Do berce á lúa'' fai 20 anos cunha maleta exclusiva ilustrada por Óscar Villán. ''Do berce á lúa'' fai 20 anos e para celebralo po&ntilde,emos á disposición de lectoras e lectores unha maleta exclusiva dese&ntilde,ada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos. Un formato ideal para regalar ou para quen accede por primeira vez a esta colección, que é xa todo un referente da LIX para as primeiras idades. ''Lúa'', ''Animais'' e ''Bebé'' conforman o contido da maleta que se completa con ''Limón'' e ''Flores'', as dúas últimas novidades publicadas recentemente. Unha selección de cinco obras imprescindibles que, como o resto da colección, se apoian nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, verso e retrouso, acumulación...) e en imaxes reco&ntilde,ecibles sobre fondos claros para contribuír a iniciar o cami&ntilde,o da prelectura de nenos e nenas. Cada exemplar de ''Do berce á lúa'' é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu dese&ntilde,o como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.

Maleta ''Do berce á lúa'' desde 45,12 € | Ofertas en Komparoo