Saltar al contenido principal

Pepiño de Gres

Mejor precio
17,05 €
Abacus
En stock

Todas las ofertas en 1 tienda

Descripción

Como foi o neno Neira Vilas? Por que emigrou a América? Como pasou os seus anos na Arxentina e Cuba? Cal foi a súa relación co Che Guevara? A que dedicaba o tempo cando non escribía? Pepiño de Gres é unha biografía amena e divulgativa de Xosé Neira Vilas, escrita desde a paixón e o coñecemento próximo do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2027. Trátase dun libro-podcast que nace coa vocación de achegar a figura do autor de «Memorias dun neno labrego» a novos públicos, aproveitando esta combinación de formatos, aínda pouco explorada na literatura galega. O libro céntrase nos dous espazos vitais e literarios de Xosé Neira Vilas: a infancia en Gres, a aldea da comarca do Deza onde naceu, e a posterior emigración a América. Desde a Galicia natal á Arxentina, onde participará dunha colectividade moi activa (man a man con Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor ou Isaac Díaz Pardo), e logo a Cuba, a onde se traslada co triunfo da Revolución, acompañado da súa muller, a tamén escritora Anisia Miranda. En Cuba vivirán un momento histórico irrepetible, traballando co Che Guevara e participando na construción dun mundo novo ata que, nos seus últimos anos, retornan definitivamente á casa.

Pregúntale a ChatGPT

Abrimos ChatGPT con la pregunta ya escrita, en una pestaña nueva. Puedes editarla antes de enviar.

Productos relacionados