Saltar al contenido principal

O sultán e os ratos

Mejor precio
15,10 €
Abacus
Abacus
En stock

Todas las ofertas en 1 tienda

Descripción

Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as partes, pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución: Para botar os ratos, mandaron traer gatos, para botar os gatos, traer cans, para botar os cans, traer leóns, para botar os leóns, traer elefantes, para botar os elefantes, traer ratos... e así ata nunca acabar. Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos que van complicando cada vez máis a historia deica ao final, en que tornamos ao punto de partida. Todos os sucesos son tratados con moito humor, e as situacións ocorrentes e disparatadas sucédense unha tras outra. As repeticións do conto resultan moi eficaces para conectarmos cos destinatarios infantís, dado o seu carácter lúdico. E para que a historia non resulte interminable, neste tipo de estruturas, con frecuencia, pecha a redacción unha fórmula final que subliña a natureza indefinida do relato.

O sultán e os ratos desde 15,10 € | Ofertas en Komparoo