Xogo de letras
Todas las ofertas en 1 tienda
Descripción
Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual. As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección ‘Do berce á lúa'. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de breves e divertidos textos rimados. Así, o A convértese nunha tenda india, o B nas ás dunha bolboreta, o C na lúa minguante, o D nunha tallada de sandía... Un achegamento lúdico, poético e creativo ao alfabeto inspirado nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna, un xogo poético ideal para cantar e contar que estimula a atención e a imaxinación. O formato en cartón duro, a letra maiúscula, as ilustracións recoñecibles sobre fondos claros e o sorprendente xogo de lapelas fan deste libro unha obra perfecta para iniciarse na lectura. As súas dimensións, ideais para o manexo directo por parte dos máis pequenos e as pequenas, contribúen tamén ao desenvolvemento das súas habilidades psicomotrices.