Saltar al contenido principal

Dez gatos aburridos

Mejor precio
15,10 €
Abacus
En stock

Todas las ofertas en 1 tienda

Descripción

Dez gatos da casa pasaban os días ao quente da cheminea. Unha mañá fría e pachorrenta, aburridos de estar aburridos, puxéronse a botar contas: -Os gatos temos sete vidas. Somos dez, así que, entre todos, sumamos... SETENTA VIDAS! E ímolas malgastar pasmando diante da cheminea? -Ca!, Diso nada! Dez gatos aburridos é un conto redondo. E non só pola súa estrutura circular, senón tamén pola súa equilibrada combinación de inocencia, humor, acción e aventura. Dez gatos aburridos é tamén un conto matemático, unha invitación para xogar con sumas, restas e multiplicacións, ao longo dunha narración que reparte as súas liñas entre a tradición e a modernidade. Este álbum, que invita á aventura grupal e á aceptación do fracaso como unha forma de aprendizaxe, promove a perseveranza e a continuidade como actitudes esenciais. E é que Dez gatos aburridos é, ante todo, un canto á vida, unha chamada a non deixala pasar sen antes espremela (aínda que saibamos que dispoñemos de sete).

Pregúntale a ChatGPT

Abrimos ChatGPT con la pregunta ya escrita, en una pestaña nueva. Puedes editarla antes de enviar.

Productos relacionados